Olor y sabor

Olor e Sabor é unha marca coa que Begoña vende os produtos da súa horta sostible, ten ampla experiencia na agricultura, xa que seus avós tiñan unha explotación que máis tarde pasou para súa nai, e que agora continúa ela.

Gústalle que a xente que compra os seus produtos poida saber de onde veñen e velos medrar. Ademais consegue novas variedades intercambiando sementes con outros produtores ou comprándoas a empresas que coidan o que producen. A súa canle de venta é a venta directa maioritariamente, fai cestas que o cliente pode recoller directamente na explotación ou recibilas a domicilio entregadas directamente por Begoña.

Produce verduras e froitas de temporada (sobre todo tomates e pementos), nunha parcela de 6.500me 250m2 de superficie de invernadoiros.

En primavera sempre hai fresas e verduras de folla, os primeiros tomates e algún pemento, brocoli, chícharos e tirabeques.

En verán ten sobre todo, pementos de moitas variedades e tamén autóctonos como os de Padrón e Oímbra, tomates de máis de 200 variedades, berenxenas, xudías, froitos do bosque, etc.

En outono aínda hai pementos e tomates, e chegan a cabazas e as primeiras verduras de folla. Finalmente no inverno hai repolo, coliflor, brécol, fabas verdes, guisantes e tirabeques e non podían faltar as nabizas e os grelos.

 

Amosando 1–12 de 17 resultados

Amosando 1–12 de 17 resultados