Páxina de inicio

Olor  e Sabor é a marca coa que Begoña vende os produtos da súa horta sostible. É de recente creación (2015), pero con ampla experiencia na agricultura, xa que seus avós tiñan unha explotación que máis tarde pasou para súa nai, e que agora continúa ela.

Gústalle que a xente que compra os seus produtos poida saber de onde veñen e velos medrar. Ademais consegue novas variedades intercambiando sementes con outros produtores ou comprándoas a empresas que coidan o que producen.